miércoles, 25 de enero de 2012

Curtametraxe de terror


“Campo de millo” é unha curtametraxe de terror que envolverá ao público nunha atmosfera de inquetude dende o primeiro minuto. Está ambientada en Galicia, que é unha terra con moitas lendas relacionadas con este xénero tan demandado últimamente: a Santa Compaña, as Meigas, A nena da curva (porque case cada povo de Galicia ten unha “nena da curva”). Esta curta desenvolvese maioritariamente nun escenario que percorre case todos os lugares desta comunidade autónoma: os campos de millo. Este decorado paréceme  o acertado, xa que é un lugar que de noite resulta terrorífico, quen sabe que ou quen se pode agochar entre os millos, acechando a calquera que pase por alí. ...


Todavía estou desenvolvendo este proxecto e sen embargo, as imaxes están tan claras na miña cabeza que sinto como se xa estivera na pantalla. 
Agora mesmo estou coa busca de actores para dar vida aos personaxes desta inquedante historia, e de técnicos e colaboradores para poder levalo a cabo.
De momento conto coa colaboración dun compositor, Julio A. Araujo, que está a crear a música para darlle máis vida (ou morte) a este film. Para acompañar os sentimentos das personaxes, a tensión das situacións, o medo, o amor, ...



A rodaxe está prevista para o mes de Agosto. 



Unha aperta!