Podes colaborar coa produción desta curtametraxe mercando merchandansing aquí.
Ou simplemente seguindo o blog e pasandollo aos vosos amigos e coñecidos.Sígue a curta en twitter, facebook e tuenti :)
http://www.latostadora.com/campodemillo
Grazas
Saúdos!!!
Campo de Millo
jueves, 8 de marzo de 2012
jueves, 1 de marzo de 2012
Marisa
Silvana Sestelo é a principal candidata para interpretar o papel desta muller tan especial: Marisa
Non foi elexida só por ser unha boa actriz, o que a converteu na imaxe perfecta para Marisa é a expresividade do seu rostro e a súa beleza.
Marisa é unha muller fermosa e apaixonada, un pouco inxenua. Guíase polo seu corazón máis que pola razón.
É unha muller moi impulsiva.
Esta curtamtetraxe, en poucos minutos, plasmará toda a forza dos seus sentimentos, soños, medos, a súa tristeza e a súa dor....
E é mellor que non conte nada máis... Xa que non quero desvelar os "segredos" desta historia antes de tempo...
http://www.youtube.com/watch?v=FMvOTss2Sh0
Videobook Silvana Sestelo
Marisa é unha muller fermosa e apaixonada, un pouco inxenua. Guíase polo seu corazón máis que pola razón.
É unha muller moi impulsiva.
Esta curtamtetraxe, en poucos minutos, plasmará toda a forza dos seus sentimentos, soños, medos, a súa tristeza e a súa dor....
E é mellor que non conte nada máis... Xa que non quero desvelar os "segredos" desta historia antes de tempo...
http://www.youtube.com/watch?v=FMvOTss2Sh0
Videobook Silvana Sestelo
Un saúdo
miércoles, 25 de enero de 2012
Curtametraxe de terror
“Campo de millo” é unha curtametraxe
de terror que envolverá ao público nunha atmosfera de inquetude dende o
primeiro minuto. Está ambientada en Galicia, que é unha terra con moitas lendas
relacionadas con este xénero tan demandado últimamente: a Santa Compaña, as
Meigas, A nena da curva (porque case cada povo de Galicia ten unha “nena da
curva”). Esta curta desenvolvese maioritariamente nun escenario que percorre
case todos os lugares desta comunidade autónoma: os campos de millo. Este
decorado paréceme o acertado, xa que é
un lugar que de noite resulta terrorífico, quen sabe que ou quen se pode
agochar entre os millos, acechando a calquera que pase por alí. ...
Todavía estou desenvolvendo este proxecto e sen embargo, as imaxes están tan claras na miña cabeza que sinto como se xa estivera na pantalla.
Agora mesmo estou coa busca de actores para dar vida aos personaxes desta inquedante historia, e de técnicos e colaboradores para poder levalo a cabo.
De momento conto coa colaboración dun compositor, Julio A. Araujo, que está a crear a música para darlle máis vida (ou morte) a este film. Para acompañar os sentimentos das personaxes, a tensión das situacións, o medo, o amor, ...
A rodaxe está prevista para o mes de Agosto.
Unha aperta!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)